Seguimos a ler "A cidade do átomo"


Unha estremecedora historia ambientada na cidade fantasma de Prípiat, tras o desastre ecolóxico de Chernóbil. Tras a explosión no reactor 4 da planta nuclear de Chernóbil, todo semella inerte na cidade do átomo. Desde a súa evacuación, Prípiat é unha cidade en ruínas que os pequenos e as pequenas, ante a ausencia de adultos, se afanan por manter en funcionamento. Todos agás Lena Petrov, diferente e solitaria, que non é quen de atopar o seu lugar entre as rúas e edificios baleiros. Non hai nin rastro da súa mellor amiga, Svetlana, e agarda con ansia o regreso da súa nai. Tan só o enigmático Máscara parece adaptarse tan mal coma ela á nova orde das cousas. Que segredo agochará?

 

Este que acabades de ler é o resumo que aparece na contraportada da novela de Iria Misa que, como podedes comprobar, está ambientada nas abandonadas rúas de Prípiat:

 прип'ять

Na reunión do club de lectura do pasado mércores comentamos o diferente que é o alfabeto de Ucraína respecto do noso e investigamos un pouco. O alfabeto ucraíno (Український Алфавіт, Ukrayins'ka Abetka) é a variante do alfabeto cirílico utilizado para escribir o ucraíno, que é a lingua oficial de Ucraína. É unha das variacións nacionais do alfabeto cirílico. 

O alfabeto consta de trinta e tres letras, que representan a trinta e oito fonemas ou unidades significativas de son) e un signo adicional: o apóstrofo. A ortografía de Ucraína (as regras da escritura) baséase no principio da fonema, cunha letra que corresponde xeralmente a un fonema. A ortografía tamén ten casos onde se aplican os principios semánticos, históricos e morfológicos.

 Queredes saber como se din os nomes dos membros do club de lectura en ucraíno?

 

Marta - Марта

Noa - ні

Hugo - Гюго

Daniela - Даніела

Tomás - приймати

Martiño - martiño

Eneko - Енеко

Brais - brais

Eva - Єва

Lucas - Лука

Mateo - Матвій

Erik - Ерік

Lucas - Лука

Queres probar ti co teu nome?

 https://www.google.com/search?client=firefox-b-d&q=tradutor+espa%C3%B1ol+ucraniano

 E non esquezas clicar no altavoz para escoitar a pronunciación!!!

Comentarios

Publicar un comentario