Albaflor na noite de treboada

Seguimos avanzando  na lectura da novela de Ramón Caride, "As músicas viaxeiras", coas alumnas e alumnos de 6º.

E situámonos na noite de treboada onde Albaflor perde o seu cabalo, e se atopa con tres pandereteiras que lle contan cadansúa historia: María, Frida e Petra. E nesta noite de choiva nos paramos a pensar na cantidade de nomes que a choiva recibe en Galicia. No seguinte enlace da revista GCiencia, atoparedes as 100 palabras que temos na nosa lingua para nomear á choiva:

https://www.gciencia.com/tolociencia/61-palabras-en-galego-para-designar-a-choiva/

Tedes curiosidade por saber cantas coñecedes? Clicade no enlace superior!!

E nós, mentres, na reunión de hoxe, resumimos e comentamos os capítulos que lemos na casa os pasados 15 días, para reflexionar sobre temas tan interesantes como:

1. Matrimonios acordados.

2. Diferenzas de idade entre as parellas.

3. Escoitar as historias dos avós.

Seguimos avanzando...

Ata dentro de 15 días!!

Comentarios