Queres formar parte do Club de lectura?

Bo día, familias!

Neste Curso escolar 2021/22 imos poñer en funcionamento o Club de lectura do CEIP Lamas de Abade.

Queredes formar parte do Club de lectura do CEIP Lamas de Abade?

De ser así, se es alumna ou alumno de 6º de Educación Primaria, non tes máis que acudir o vindeiro día 22 de setembro, na hora do recreo de 11:30 a 12:00 horas, e anotarte. É moi sinxelo!!!

Non deixes de participar, porque cada quince días imos ter ocasión de quedar para ler, debater, reflexionar, e poñer en común os nosos pensamentos e sentimentos sobre as lecturas que fagamos. Os libros facilitarémosvolos desde o colexio, así que non o penses moito e, apúntate!!!

Equipo de biblioteca






Comentarios